INTERIORIDADE

A interioridade é ese ámbito, delicado e esencial da persoa onde nos encontramos co que somos.
Falar de interioridade é falar de profundidade, do espazo onde acollemos as resonancias que nos chegan do mundo exterior, é onde reflexionamos, sentimos, imaxinamos, queremos, asumimos, recordamos, trascendemos,…
Educar a interioridade é o proceso de toma de conciencia para a súa posterior reflexión e interiorización, de aspectos relativos ás diferentes dimensións: social, corporal, psíquica e espiritual, para facilitar a súa integración e unificación de forma harmónica e para que simultáneamente poidamos camiñar con pasos sinxelos cara a:
- A plenitude do humano, a propia e a dos demais.
- A apertura ao sagrado (misterio, espiritualidade, dimensión profunda).
- Sentir o lazo coa Transcendencia.
Hoxe en día, ante a crise de certas formas tradicionais de relixiosidade, estanse a crear novos mitos, símbolos e ritos -ou os de sempre, pero formulados cun novo vocabulario cultural- que atenden á necesidade do ser humano de educar o seu interior. O tema de fondo que todo o mundo ten que afrontar e resolver (adultos, mozos e nenos) é o mesmo: a vida, o seu sentido, a esperanza....
Dende a nosa identidade de Escola Vedruna, este proxecto ten como finalidade crear unha cultura da interioridade que permita alcanzar un benestar integral na vida persoal de cada un dos membros da comunidade educativa e dende aí entrar en relación cos demais, co mundo e con Deus.
A idea e o obxectivo principal deste proxecto é axudar cada membro da comunidade educativa a encontrar o sentido e o esencial da vida, dotándoo das ferramentas necesarias e favorecendo as condicións axeitadas para que creza dende o seu interior e se comprometa co mundo que o rodea.
Atrevémonos a ofrecer itinerarios de busca de sentido: camiños de experiencia globais a partir dos seguintes contidos esenciais da Educación da Interioridade: conciencia corporal, dimensión creativa, integración emocional e apertura á transcendencia.
O proxecto de Interioridade é un proxecto flexible na súa aplicación, forxándose ,paso a paso, a través de pequenas experiencias. Trátase dun proxecto aberto no que a través do intercambio de experiencias nos enriquecemos mutuamente alumnos, profesores e pais.
Para iso, intentamos transmitir as nosas experiencias dende dentro cara a fóra, mantidas no tempo como a chuvia fina que cala no interior de todos aqueles que participan destas. E é un proxecto global, como unha columna vertebral, que percorra todo facer contido na interioridade e ao mesmo tempo interrelacionado coa pastoral posto que ambos os dous ámbitos apuntan nunha mesma dirección: axudar a crecer o Ser interior.





SESÍÓN DE INTERIORIDAD 2º DE PRIMARIA