SOMOS VEDRUNA

Cando Joaquina de Vedruna fundou a Congregación na súa casa de Vic, coñecida como o Manso Escorial, tiña 43 anos de idade, e vivira xa experiencias hondamente significativas, que enriqueceran a súa espiritualidade e forxaran o seu carácter.
O proxecto de Joaquina de Vedruna foi moi ambicioso, e englobaba educación e sanidade. A súa meta: Abrazar as necesidades de todos os pobos, xa coidando enfermos, xa ensinando ás nenas, marxinadas da educación naquel entón.
Comezou a súa obra poñéndoa ao servizo das clases populares.  A infancia e a mocidade, os marxinados e os enfermos atoparon nela acollida e resposta ás súas necesidades.
Os proxectos fanse realidade cando se cre neles, Joaquina e aquelas amigas que a seguiron no ano 1826, comezaron cunha fe cega e unha confianza sen límites. O resultado pódese ver e palpar nos numerosos colexios diseminados polo mundo e o labor das Irmás Carmelitas, sempre á beira dos que menos teñen.




https://drive.google.com/open?id=0BxeSmgNt1CfmdmNGb0d0WGJJSEU