“Hoy 15 de mayo se celebra en muchos de nuestros pueblos la festividad de San Isidro, patrón de los agricultores. BENDITO, MEU DEUS, BENDITO Benditos sexan os froitos que produce a nosa terra, bendita a xente que labra, sementa, coida e colleita. Bendita a xente que vela e defende a natureza dos intereses malvados de quen a explota e violenta. Benditos no mundo enteiro os labregos e labregas que defenden o seu pan de quen con trampas llo nega. Bendita sexa Galicia, coas súas chairas e serras, cos mil ríos que a cruzan e a fecundan sen tregua. E por crear tanto ben, noso Deus bendito sexa; nas mans nos puxo este mundo, que as nosas mans o defendan.